Monday 29 de April de 2024

Frades acollerá este domingo a VI Festa da Filloa e Cachucha de Abellá


O pavillón polideportivo de Abellá (Frades) acollerá este venres 19 de marzo, a partir das 12:00 horas, a sexta edición da Festa da Filloa e Cachucha. Un evento organizado pola asociación de veciños “Os Labregos” de Abellá e no que colabora o Concello de Frades.

A festa contará coa presenza do filloeiro de Lestedo, que ofrecerá filloas a todos os presentes que se poderán degustar por un módico prezo. Entre todos os participantes sortearanse dúas cestas. A música correrá a cargo do grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes e do Dúo Alborada.